galicia

eailustra

EAILUSTRA é un proxecto que comezamos pensando en todos os beneficios que nos aportou medrar
na aldea. O aprezo pola lingua, cultura, tradicións e natureza é o que procuramos transmitir nas nosas
láminas, camisetas, bolsas, etc.

QUEN ESTÁ DETRÁS DE EAILUSTRA?

  • AROA: teño tecnofobia e paixón pola natureza. Gústame ese momento no que me separo un intre do grupo e vexo que todos interactúan, rin, falan e brincan. Ese momento é unha parte da vida que me fai feliz. Son a das ideas.
  • EIDER: é a típica persoa aparentemente tímida que acaba dando medo en confianza. De pequena pasaba os días disfrazada. Agora comprou unha mesa de mezclas para facer de Dj nas festas que fai na aldea cos amigos. É a que pinta.
  • JONATÁN: é de Sevilla e ama a sua Terra pero namorouse de Galicia antes que de Aroa. É un andaluz felizmente adaptado en Pontevedra. Gústalle o surf, a cociña e bailar. Axuda ás tecnofóbicas de Eailustra co contido dixital.

Os nostros productos

LÁMINAS, postais, tazas e LIBRETAS

Deseños orixinais feitos a man alzada e acuarela.

IMG_4917
CAMISETAS, bolsas E SUDADOIROS

Bolsas de tea con deseños orixinais feitos a man alzada e acuarela.
Camisetas de algodón 100% orgánico e sudadoiros.
Por un comercio xusto e unha moda sostible.

QUERES SER UN DOS NOSOS PUNTOS DE VENDA?

Tes unha tenda física e gustaríache contar cos nosos produtos nela?

Escríbenos a its.ilustra@gmail.com e poñémosche ó corrente de todo!

contacto

Ponte en contacto connosco e consulta calquer dúbida!  

Carrito de compra