TOXO
15,00€ Iva incluido
Naturais e artesanais. Xabóns recubertos de lá de ovella, traballados un a un.
Os seus deseños exclusivos convírtenos en pezas únicas.
O afieltrado da lá é o proceso ó que se somete mediante o cal chega a ser tea ou case tea mediante auga, fricción e xabón.
A lá que os cobre é antibacteriana, está tintada con tintes naturais e funciona como esponxa lixeiramente exfoliante.
O xabón é a base de aceites de coco e oliva naturais, prensados en frío, fabricado en España. Sen ningún tipo de deterxentes, parabenos nin grasa animal.
Ademáis, o noso xabón ten un aroma a limón e lavanda, procedente de aceites esenciais.
Por último, cando o xabón se esgote podes usar a lá sobrante como esponxa desmaquillante, xa que esta é antiséptica e boísima para a túa pel.
Cada xabón é diferente pois son feitos individualmente de xeito artesanal. O teu xabón pode variar lixeiramente ó da foto.
Unha colaboración con Bymuchacha.
Disponibilidad: 2 disponibles